Publicidad:
La Coctelera

ATHENEA ROOM

Reflexionar y pensar acerca de lo que rodea al ser humano.

18 Abril 2008

Unha lingua feble e moribunda

Primero, disculparme porque muchos de mis lectores no entenderán este post, pero creo que tengo la obligación de escribir sobre este tema en gallego y además nunca está de más leer de vez en cuando en otro idioma y menos en uno tan bonito como lo es el gallego.

Dicir que me considero tan galega como calquera a pesares de non ser nada en Galiza. Paréceme incrible que aínda hoxe se escoite a moitos sectores dicir que a ver porque os seus nenos teñen que ter o 50% das asignaturas en galego, que o galego non serve para nada, que logo os nenos non saberán falar castelán,...

Se saísen á rúa decataríanse de que a maioría dos galegos non fala galego e que moitos nin sequera saben falalo. Creo que é absurdo deixar de aprender un idioma polo mero feito de ser minoritario. O fin e ó cabo é un idioma e ademáis é o noso, o que nos fai diferentes, o que nos recorda de onde vimos. Deixar de aprender galego sendo galgo é como renunciar á nosa historia, como renegar das nosas orixes.

Por outra banda, os nenos son capaces de falar catro e cinco linguas sen problema, polo que aínda que estuden o 50% das materias en galego non por iso deixarán de saber falar castelán.

Por iso digo que deixemos de ser hipócritas, que as novas xeracións falen galego é un orgullo proque é a nosa lingua: e o castelán falarano de todos modos, posto que é a lingua do Estado.

Se imos a Austria e lle dicimos que deixen de falar alemán porque o inglés lles abre máis portas, tomárannos por tolos. A ver se aprendemos un pouquiño dos nosos veciños, que nos levan unha gran vantaxe.

servido por cristorres 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Pilar

Pilar dijo

Dos apuntes creo que necesarios.
Sobre el 50%:tesoro eso es una autentica falacia, el 50% de un pastel, no es que yo me lo coma y tu laves el plato. En Galica a dia de hoy, todas las materias llamadas troncales (matematicas, las ciencias naturales y derivadas, las ciencias sociales y derivadas etc) son en gallego y gimnasia y plastica son en castellano, si así lo decide el consejo escolar. Pero esto, queridiña, solo en las zonas mayoritariamente castellanohablantes, que tenemos que ser normalizados, en las zonas gallegofalantes es sencillamente el 100%. Espero que este aclarado, pero solo tienes que leerte el decreto de normalizacion linguistica.
El segundo tema, es que entendiendo el lirismo de la defensa de la lengua, creo que deberian defenderse los derechos individuales. Algo tan sencillo como que cada uno hable exactamente en el idioma que desee. Yo te entiendo, tu entendesme, enton?

8 Diciembre 2008 | 11:00 PM

Pilar

Pilar dijo

Por cierto, no sé mucho gallego,pero esto si, Galicia es el nombre correcto de mi comunidad.
Un cordial saludo

8 Diciembre 2008 | 11:02 PM

manuel

manuel dijo

Querida Pilar, esquénceste dunha cousa.

A lingua PROPIA de Galiza, nome que tiña esta terra antes da imposición do castelán polos reis católicos e a partir daí toda a restra de reinados e réximes foráneos centralistas, é o galego.

Outra cousa é tamén a DOMA E CASTRACIÓN de Galiza que permiteu o asentamento de funcionarios e autoridades vidos de Castela sustituíndo ós nosos representantes e funcionariado das isntitucións propias que tiña esta terra, os cales tiveron que fuxir, abandonar ou someterse ós invasores.

Así por tanto, o feito de reclamar a defensa do noso idioma propio para perdurar no tempo e no futuro, como algo real e non como peza de museo, é un dereito fundamental como pobo que está por riba dos dereitos ou antoxos de cada individuo, porque é un dereito colectivo de supervivencia desta terra chamada Galiza.

A constitución do estado español di que temos o dereito e a obriga de aprender o castelán, pero non reconoce o mesmo estatus para as outras linguas do estado.

¿Acaso temos que contribuir a formar un estado someténdonos a un idioma doutra comunidade como é a castelán, en detrimento e co risco de desaparición dos idiomas propios das demáis culturas e nacionalidades, como é neste caso a galega?

Ou se defende en igual medida por LEI, e neste caso na constitución, o mesmo estatus que o castelán ou senón eu non quero formar parte dese estado español imperialista.

Quen está desaparecendo é o galego, non o castelán, senón bota unha ollada ó teu redor, onde a maior parte da poboación xoven non herda a fala dos seus maiores.

Asi mesmo nos colexio, anque algunhas asignaturas se deberían impartir en galego, non se cumpren a lei do 50%, e asi e todo, de impartilas en galego como di a lei, so len no libro a asignatura que lle toca en galego, pero á hora de dirixirse e falarlle ós alumnos, utilizan o castelán, así que non me veñas con subterfuxios e falacias de andarte polas ramas.

Pero indo máis alá, no caso de que estes dous idiomas estiveran en igualdade de condicións, que non o están e non o estarán por desgracia, senón mira a cantidade de medios de comunicación de prensa, revistas, radios, cadeas de televisión, internet, eventos sociais, ..., , pero insisto, se estiveran e pé de igualdade estes dous idiomas, e chegara a perigar algún, ¿cal debería ser o idioma que lle pertenecería a esta terra POR HISTORIA E POR DEREITO LEXÍTIMO, non por imposición foránea que nos impuxeron un reis, dinastías e distintos réximes políticos?

SERÍA O GALEGO DA GALIZA, NOME QUE TIÑA ESTA NACIONALIDADE, RETOMANDO O PUNTO DE PARTIDA DESDE AQUELAS DATAS EN QUE IRRUMPIRON UN REIS, E POSTERIORES REINADOS DE DISTINTAS DINASTÍAS, ASÍ COMO OS SEUS ENVIADOS A ESTA TERRA QUE NON LLES PERTENCIA E QUE PARA NOS FORON E SON ALLEOS ÓS NOSOS ANTEPASADOS E ÓS SEUS DESCENDENTES.

E POR ISO, ESTE DEREITO COLECTIVO DOS SEUS LEXÍTIMOS HERDEIROS CULTURAIS É DEFENDER O GALEGO QUE NUNCA TIVO QUE SER REPRIMIDO NIN PROHIBIDO O SEU ESTATUS PORQUE XA ERA IDIOMA PROPIO. POR ISO É O NOSO DEBER MORAL REPOÑER POLO MENOS UNHA PARTE DA SÚA EXTENSIÓN QUE TIÑA NO SEU TEMPO E QUE FOI ALTERADA POR CAUSAS HISTÓRICAS, MILITARES E POLÍTICAS IMPOSTAS POR INVASIÓNS E POR DIRECTRICES FORÁNEAS.

OS QUE SABEN DESTAS VICISITUDES HISTÓRICAS E TAMÉN RECENTES DO NOSO PASADO INMEDIATO E DO NOSO PRESENTE, NON DEBERÍAN NIN SEQUERA CRITICARNOS RECLAMANDO OS "¿DEREITOS?" DUN IDIOMA ALLEO QUE FIXERON OFICIAL DUN ESTADO, FEITO A SANGRE, ESPADA E LUME.

ADEMAIS, ¿QUEN PERIGA AQUÍ: O SOMETIDO E APALEADO A TRAVÉS DOS SÉCULOS, OU O IMPOSTO POLA VIOLENCIA E A REPRESIÓN?

PARA QUEN SEXA BEN NACIDO, ¿COMO SE PODE DICIR TENDO EN CONTA A SITUACIÓN DA BALANZA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN A FAVOR DO IDIOMA CASTELÁN, IMPOSTO POLA FORZA A TRAVÉS DOS SÉCULOS, DE QUE ESTÁ PERIGANDO?

E QUE HAI QUE SER MAL NACIDOS PARA PROTESTAR POR ALGO QUE TIVO ESTA REALIDADE HISTÓRICA COMO FOI O IDIOMA CASTELÁN, QUE SE TIVERAN VERGOÑA ATA O PENSARÍAN MELLOR DEBIDO A CAUSA DE GUERRAS, INVASIÓNS, SOMETEMENTOS, RAPIÑAS, EXPOLIOS, IMPERIALISMOS, CRIMES, E TODA CLASE DE DESGRACIAS PARA A HUMANIDADE.

POR RIBA DOS DEREITOS DALGÚNS INDIVIDUOS ESTÁ O DEREITO DOS INDIVIDUOS DE TODA UNHA COMUNIDADE OU COLECTIVIDADE APALEADA E ROUBADA Ó LONGO DA HISTORIA, E AGORA LOITA, NUN MOMENTO MOI CRÍTICO, POLA SUPERVIVENCIA DA SUA IDENTIDADE.

SOLO FALTARÍA QUE VOLVAMOS A TER UNHA SABOTAXE E IMPEDIMENTO ACTUAL DOS QUE SE ALINEAN CUN IDIOMA E CULTURA QUE FOI A CAUSANTE DA NOSA SITUACIÓN PRESENTE, E OUTRA VEZ SEXAN OS CAUSANTE DE QUE PERDAMOS UNHA OPORTUNIDADE PARA ASENTAR A NOSA SUPERVIVENCIA.

SE VOLVEN A SABOTEARNOS ESTA OPORTUNIDADE EU XA NUNCA MAIS VOLVEREI A QUERER INTEGRARME NESE PROXECTO DE ESPAÑA QUE DESTRÚE CULTURA DIFERENTES.

7 Noviembre 2009 | 05:39 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

ecoestadistica.com Nueva en esto del blogging. Buscando compartir conocimientos y ampliar los míos. Puede que sea alguien que piensa demasiado y no siempre encuentra solución a todo. Pero bueno, así es la vida. Si todo tuviera una fácil solución, no tendría sentido luchar por vivir y por conseguir lo que quieres.

Fotos

cristorres todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera